Saturday 18 de May de 2024

Incrición nas escolas deportivas municipais de inverno de Riveira, do 21 ao 30 de setembro


O Concello de Riveira informa de que a partir do vindeiro luns, día 21 de setembro, abrirá o período de inscrición nas Escolas Deportivas de Inverno 2015/2016 . O prazo estará ata o 30 de setembro (hora límite: 12.20 horas) e as clases darán comezo o 19 de outubro.

As Escolas Deportivas Municipais existentes abarcan doce especialidades: Multideporte, Kempo, Ximnasia Acrobática, Atletismo, Ximnasia Rítmica, Triatlón, Aeróbic Xóvenes, Tenis, Baloncesto, Patinaxe Artística e Pádel. Cada curso ten un prezo anual de 57,68 euros.

Para realizar a inscrición, os interesados poden cubrir os seus datos nun formulario online a través da páxina web do Concello (www.riveira.es / www.riveira.gal) ou ben de xeito presencial na Oficina de Deportes, onde os empregados utilizarán o mesmo formulario online para garantir a orde de solicitude, xa que hai prazas limitadas en todos os grupos.

O 1 de outubro serán publicados na web municipal as listaxes definitivas de actividades coas persoas admitidas e do 5 ao 9 de outubro cómpre formalizar a matrícula.

No caso de matriculación de varios irmáns, aplícase unha bonificación do 50% no segundo fillo, sendo gratuítos os restantes.

Para máis información: na páxina web municipal, no enderezo electrónico deportes@riveira.com ou na Oficina de Deportes situada na Fieiteira (horario de atención ao público de 9 a 13 horas | teléfono 981 873 646).